Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que o Concello de Viveiro non conta cun proxecto de recuperación para o parque Pernas Peón

Viveiro 13-7-19. O parque Pernas Peón, que foi durante décadas un espazo verde, humanizado, de descanso e ocio para varias xeracións de Viveiro, e que deixou de selo tanto pola falta de políticas municipais medioambientais como polas actuacións realizadas sen ningún tipo de estudo nin planificación dende hai ano e medio.

Dende o BNG queremos que o parque Pernas Peón sexa de novo un espazo verde e de ocio para uso da veciñanza, polo que o pasado día 10 de xullo solicitamos ao Concello de forma oficial, o proxecto de rehabilitación do parque que o Goberno Municipal ten mencionado tanto na prensa. E constatamos, unha vez máis, que non existe tal proxecto e que as accións levadas a cabo foron totalmente improvisadas e carentes de asesoramento especializado.

Miriam Bermúdez “é lamentábel, pero no Concello non existe nin proxecto nin plan de traballo para levar a cabo a recuperación do parque de Covas. Ano e medio despois do inicio da tala, a contestación foi que está en fase de estudo, algo que evidentemente tiña que estar antes de realizar calquer tipo traballo ou actuación. Continuaremos a demandar a recuperación desde parque xunto cun Plan de conservación e mantemento para todos os espazos verdes públicos do concello, que garantan a seguridade pública e permita á veciñanza poder desenvolver actividades físicas, culturais, deportivas e/ou de esparcimento en todas as zonas”, recalca Miriam.

Exit mobile version