Foz, 25 de xullo de 2019. O Alcalde de Foz, Fran Cajoto acompañou á Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar na visita ás obras do CEIP N°1 de Foz.
É unha boa noticia para Foz o proxecto de reforma que a administración autonómica está a dar ao colexio público focense e así llo fixemos saber á Conselleira agradecendo a súa implicación e mostrándolle nosa firmeza a favor dun ensino público e de calidade.
O novo Goberno de Foz ten unha determinación clara na idea de traballar desde a lealdade con todas ás administracións da mesma ou distinta cor política.
Foz está por encima de todo e tanto a CONCORDIA como a ALTURA POLÍTICA deben imperar para ser un exemplo de democracia exemplar, de convivencia sa e de preservación da honorabilidade da nosa institución, sendo reflexo todo isto da magnífica historia do noso pobo.