Cervo 8-7-19. No acto, S.M o Rei Felipe VI recibiu a Chave de Ouro do Municipalismo, a máxima distinción coa que a Federación recoñece a quenes defenden e traballan pola democracia local.
O rexedor cervense, e tamén presidente da Comisión de Medio Ambiente da FEMP e vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) compartiu uns intres co Monarca, poñendo en valor o seu grao de implicación e a súa sensibilidade coas institucións locais, co municipalismo, que foron eloxiadas polo propio Rei que destacou “el importante papel de los Ayuntamientos en el progreso de España desde la aprobación de la Carta Magna”.
Villares recorda aquelas primeiras eleccións especialmente, “tiña case 9 anos, pero están gravadas na miña memoria, porque por aquel entón meu pai presentábase para ser representante local polo Concello de Cervo, e teño o recordo moi marcado de acompañalo a facer o reparto de papeletas”, rememora.
Temos que seguir traballando por preservar esa democracia, poñer en valor eses 40 anos de traballo de todas esas persoas plenamente involucradas na vida pública cuxa forza foi o xerme da prosperidade, desa democracia que hoxe temos que seguir cultivando, e na que debemos seguir participando; “onte estivo meu pai, hoxe estou eu, e mañá será a quenda dos nosos fillos”, sentenciou.