Nacho estivo acompañado polo responsable deportivo do club Deportivo San Ciprián, Juan Carlos Villar, entidade á que pertence.
Villares e Rodríguez quixeron felicitar ao rapaz por estes dous títulos tan importantes, e sobre todo pola súa capacidade de esforzo e sacrificio, que son “a base principal para poder chegar a conseguir logros como este no mundo do deporte”.
Nacho iniciouse no mundo do billar vai dous anos e medio grazas ao seu tío, que tamén practica este deporte; e combina os estudos cos adestramentos, tentando dedicarlle o máximo tempo posible, un mínimo de 8 horas á semana.