Continúan os mércores de natureza no Vicedo, que tratan de mostrar a
fermosura das paraxes naturais do municipio e da comarca. Nesta
ocasión organízase unha ruta de kayaks polo Río Sor partindo
desde o peirao de O Vicedo, cruzando a Ría, pasando polo Porto do
Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de San Martín, Creximil, San Fiz
e Ribeiras do Sor, onde vehículos da empresa de actividades traerán aos
participantes de novo ata o Vicedo. A excursión ten unha duración de 2
horas, moi apta para facer en pandilla ou familia e poden ir nenos
acompañados por adultos. O teléfono de inscrición na ruta é o 982 59 01
95 podendo anotarse ata o martes ás 21h. Punto de encontro: Porto do
Vicedo ás 9:45h.