Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto en horario de verán, e están dirixidas aos/ás nenos/as de entre 3 e 12 anos.
Na mañá do luns puideron desfrutar de diferentes xogos na Praia do Torno deseñados polos monitores. O martes deron os seus primeiros pasos no mundo do piragüismo da man do C.D. San Ciprián no encoro de Río Cobo, actividade que repetiron este xoves; mentres que o mércores realizaron xogos de diversos tipos na Praza dos Campos.
Para este venres teñen preparada unha Xornada de Coidado co Medio Ambiente e diferentes actividades de Aventura tanto para os máis pequenos como para os mozos e mozas en idade xuvenil.