O ala Juan Francisco Botía Galiano seguirá sendo burelista en 2019-20. Co 11 laranxa, o Pescados Rubén Burela FS de Primeira xa conta con catro renovacións, xunto a Pope, Luisma e Joselito, ademais de Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Renato e Pitero, e nun proxecto que se reforza nesta nova etapa cos alas Álex Diz e Everton, o pivote Amoedo e o gardameta internacional polaco Kaluza. O murciano, de 27 anos, chegou á bisbarra da Mariña a tempada pasada dende o Naturpellet Segovia, co que tamén alcanzou a elite. Baixo a batuta de Juanma Marrube, en 2018-19 erixiuse como terceiro máximo goleador dos heroes do ascenso, con 14 dianas, por detrás de Mata, con 22, e Renato, con 16.
Juanfran, outra cara coñecida no reto da elite
Juanfran, outra cara coñecida no reto da elite
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros