Seguen chegando as boas novas para o Pescados Rubén Burela FS da máxima categoría. A entidade mariñá chegou a un acordo con José Antonio Macías Pérez, Joselito, para a próxima tempada tras a rescisión do xogador con Palma Futsal, club no que militou nove tempadas. O 2 laranxa recalou, en calidade de cedido, no conxunto de Juanma Marrube a finais de xaneiro, como reforzo da escuadra cunha perfecta combinación de mocidade e experiencia en Primeira na loita os laranxas polo ascenso. Con este paso, o Pescados Rubén Burela referenda a súa aposta pola continuidade dunha fisolofía e un bloque co que pelexar con ilusión e expectativas no bonito reto que se presenta por diante.