No Maratón de Pintura poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, debendo aportar os participantes o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 10:00 a 11:00 horas.
O xurado, formado por un presidente e dous vogais, representados por artistas relacionados co mundo da pintura, valorará de forma individual puntuando os traballos de 1 a 10 e sumando posteriormente as puntuacións.
As bases poden consultarse na páxina web do concello www.concellodealfoz.com