Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurada a Exposición “14 anos de Resurrection Fest”

 Viveiro 1-7-19. Este luns 1 de xullo abríronse as portas da Exposición “14 anos de Resurrection Fest”.

Unha iniciativa do Centro Comercial Histórico de Viveiro e secundada dende o principio pola organización do Resurrection Fest. Poderase visitar do luns 1 ó venres 5 de xullo na Sala Multiusos do Concello e estará aberta ó público en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Nela poderase ver a evolución do Resu ó longo dos seus 14 anos de historia cós carteis de tódalas edicións, fotos de concertos, merchandising e moitos recordos máis.

Con esta iniciativa, que xa é o terceiro ano que se realiza, trátase de acercar o festival ó centro histórico de Viveiro, ó que sumamos iniciativas como ambientar as rúas có fío musical do CCHV, no que estará toda a semana sonando música do Festival.

Tamén este ano queremos seguir involucrando a comerciantes e hostaleiros có Resurrection Fest polo que se fixo unha nova edición especial de camisetas persoalizadas Resu-CCHV para o persoal que traballa nos negocios asociados ó CCHV. Durante a semana do festival lucirán camisetas con deseños de tres persoeiros históricos de Viveiro como son Pastor Diaz, Maruxa Mallo e Noriega Varela pero ca imaxe “ó Resu”.

Dende a directiva do CCHV agradecen a colaboración da organización do Resurrection Fest ca cesión de todo o material da exposición, ó Concello de Viveiro pola cesión do local e á Xunta de Cofradías pola súa axuda e cesión do mobiliario… entre todos facemos un Resurrection Fest feito 100% en Viveiro.

Exit mobile version