Site icon Crónica3.com A Mariña

Galipizza obtén o selo de garantía Galicia Calidade

 Viveiro, 24 de xullo, 2019. A cadea de restauración Galipizza, con establecementos en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, acadou a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego, sexan merecentes dela, despois de contrastala mediante os controis establecidos.
A marca Galipizza, que aposta polos produtos galegos na elaboración das súas propostas gastronómicas, centradas na calidade e na versatilidade da oferta de produtos da Comunidade, pasa a formar parte tamén da plataforma Galicia Calidade Lecer, que agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia con calidade certificada. O obxectivo de Galicia Calidade Lecer é impulsar a calidade como elemento que marque a diferencia respecto de outros destinos turísticos, xerar confianza nos consumidores e acadar maior visibilidade e valoración dos establecementos certificados.
Coa esta nova incorporación, a marca de garantía de Galicia conta xa con 117 establecementos certificados de diferentes sectores. No caso dos establecementos de hostalería, deben contar tamén co selo Q de Calidade turística e ter, no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con produtos avalados polos selos de certificación de orixe de Galicia.
De feito Galipizza obtivo a comezos de ano a certificación da marca “Q” do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) na categoría de “Servicios de Restauración”, convertíndose así na única cadea de restauración galega que o ostenta.
Galipizza é una cadea de restauración centrada na elaboración de pizzas artesanais e innovadoras que naceu en Covas (Viveiro) en 1993 e que na actualidade conta con 6 establecementos na nosa comunidade, en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.
O segredo de Galipizza está sobre todo na súa idea orixinal de xuntar “Galicia+Pizza” alá por 2007, cando aínda non era popular o emprego na elaboración das pizzas de ingredientes tan galegos como os grelos, a zorza ou o raxo, ou a aposta polo queixo de San Simón e outros queixos galegos para substituír a clásica mozarella.
Aquí se puideron degustar Galipizzas de lacón con grelos, de zorza, polbo ou churrasco e criollo, e mesmo de cachopo, antes que outras importantes cadeas lanzaran esa mesma idea xa con alcance nacional.
E o “Universo Galipizza” séguese reinventando… pois logo das Galipizzas foron xurdindo as GalizBur e Hamburguesas de Orixe (hamburguesas gourmet con ingredientes galegos), os Compostelanos (bocadiños tipo hot-dog pero con ingredientes tamén típicos galegos) ou a súa nova liña de “BUR-DOG” (novos bocadiños galegos a medio camiño entre a hamburguesa e o hot-dog), porque a marca confía en que os produtos galegos de calidade están ricos en calquiera das variedades nas que se presenten.
Outro dos seus produtos galegos que merece unha mención especial son os seus “Fardiños”, que foron lanzados hai un ano baixo unha orixinal campaña de “Fariña Galega” e que representan a versión pechada ou “calzone” das Galipizza, pero que están elaborados con “fariña” de Carral e con auga de mar da Costa da Morte, o que lles da una sabor aínda moito máis galego.

Exit mobile version