Site icon Crónica3.com A Mariña

“Fraude á democracia”, por José Luis Moñita

Vimos de ver como o tribunal Superior de Xusticia de Galicia ordena que se repitan as eleccións municipais do 26 de Maio de 2019 nunha dás tres mesas do Perdouro. Uns 600 votantes de Burela terán a oportunidade de volver votar, pero esta vez con moita información privilexiada.

Vaia por diante que dende o punto de vista de quen subscribe, o resultado dás eleccións municipais de Burela son os que se deron na primeira votación. No momento do reconto, na mesa dá discordia do Perdouro, estaban non soamente os membros dá mesa senon que estaban tres interventores con experiencia e moi capacitados como son os do BNG, PSOE e PP. Ademáis estabamos varios apoderados, un por CxG (que era eu), tres por Burela Sempre (entre eles o señor Peino) e outros tres por parte de ciudadanos. Todos estivemos no reconto e todos aceptamos a nulidadade de eses 6 votos, non puxemos reparo algún. A acta foi pechada e asinada por todos os que a tiñan que asinar.

Ata aquí todo ben , despóis ao parecer a hora de enviar a documentación extraviáronse eses 6 votos nulos. Onde irían parar? Pero estar estaban.

Burela Sempre, de forma lícita dentro dá legalidade, en defensa dos seus intereses e dos seus votantes reclamou. É digo lícito que non correcto dende o meu punto de vista.

Ao final débese repetir a votación soamente nesta mesa. Isto será o legal, pero dende logo é unha fraude a democracia en toda regra.

A democracia di que todos temos dereito ao voto e nas mesmas condicións. ¿Porqué poden votar estes 600 sabendo o resultado dás votacións das outras mesas de Burela e o resto dos votantes non? ¿Por qué poden influír agora no resultado final de Burela tendo mais tempo para pensalo e vendo como frutificaron pactos en outras localidades e diputacións? ¿Por qué poden votar estes electores sabendo que o PSOE pactou con Geroa Bai en Navarra e os das outras mesas non? ¿Por qué poden votar estes 600 sabendo que C’ s e PP pactaron con Vox?

De formarse goberno a nivel estatal pode ser que ao final sí que vaia o señor Llano ao senado, entón os que voten tamén van ter esta información privilexiada, non sería xusto, non sería democrático. ¿Por qué poden votar estes 600 votantes vendo a posición do Psoe querendo gobernar en minoría en Burela e ninguneando ao BNG e o resto non? ¿por qué poden votar estes 600 vendo como Sánchez prometía unha cousa a Iglesias antes dás municipais e que despois dás mesmas cambiou o posible reparto?

Non é democrático porque non existiría o dereito de igualdade, non seríamos todos iguais nestas eleccións.

Pero vou mais alá, que pasa se agora algunha lista non se quere presentar, ou quere cambiar o orde dos candidatos? Non se lles pode obrigar a presentarse novamente. Estaríamos a adulterar as eleccións.

Pero surxen mais dúbidas, estando as 3 mesas do perdouro pegadiñas como estaban, quen garante que estes 6 votos nulos non foron nos sobres dás outras mesas en detrimento de outros votos nulos de outras mesas e que polo tanto os que faltan non son estes sinon outros? E difícil, moi difícil, pero visto o visto é posible.

O dito, en Burela entendo que se vai facer un gran faude a democracia. O mais xusto sen dúbida sería aceptar o resultado que vimos todos, pero de non aceptarse, o xusto sería repetir a votación en todas as mesas de Burela. Iso sería sen dúbida máis democrático.

Exit mobile version