Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursión á Coruña da Asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña

Este xoves “A Mariña” foise de excursión á Coruña. O percorrido pola cidade comezou pola visita ao Aquarium Finisterrae e seguiu pola Casa do Home DOMUS. Como o bo tempo acompañou, o grupo de 55 persoas, desprazouse ao mirador do Monte San Predro onde, ademáis de disfrutar dun entorno inmellorable e vistas excpecionais , xantaron todos xuntos. Ademáis de todas estas actividades de carácter cultural e medioambiental tamén tiveron tempo para as compras, xa que logo de xantar acudiron ao Marineda City.
Esta actividade enmárcase dentro do Programa de Ocio e Tempo de Lecer que a entidade desenvolve ao longo de todo o ano e que ten por finalidade que os usuarios aprendan a gozar do seu tempo de ocio, ofrecer alternativas para o tempo libre, crear sentimento de grupo e, en definitiva, mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental.

Exit mobile version