Diante a falta dun goberno estable, e ante un conxunto de forzas políticas máis pendentes de ocupar o poder e de sobirse os salarios, carentes da máis mínima sensibilidade polos problemas do día a día da cidadanía, queremos seguir na nosa l0ita e reivindicación por unhas pensións dignas e públicas.
Por todo isto, faise un chamamento á poboación de Ribadeo e da Mariña en xeral, para que acoda á manifestación e exprese o seu descontento coa situación actual.