Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns os peques que asisten ás actividades da Ocioteca de Verán, que organiza a Concellería de Medio Ambiente de Burela, participaron na campaña Repara en da Xunta de Galicia

Trátase dunha campaña itinerante sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario. Constou dunha exposición formada por 7 paneis tipo roll-up, unha actividade práctica sobre a separación de residuos, un xogo xigante de oca medioambiental e a realización dun semilleiro a partires dun envase de iogur.

Exit mobile version