Este domingo tivo lugar o X Encontro Orquestal de Lugo en Xove
redac
Congregou as orquestras dos centros de educación musical do Conservatorio de Grao Profesional de Lugo, A Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo, A Escola Municipal de Música de Burela e a Escola Municipal de Música de Xove. Este encontro vense celebrando dende hai anos nas distintas localidades onde existen orquestras de música clásica sendo o anfitrión, nesta edición, a Escola de Xove. O concerto ofrecido por máis de cen músicos, entre instrumentista e cantantes, foi seguido por numeroso público que encheu o auditorio e conseguiu, por medio de aplausos, que fora todo un éxito, obrigando a varios bises.