Viveiro 3-7-19. No día de hoxe tivo lugar o acto de entrega dos 23 compostadores repartidos a veciños e veciñas de Viveiro dentro do Programa de Compostaxe Doméstica de SOGAMA, no que se agradeceu a todos os participantes a súa implicación na conservación de medio ambiente.
Un dos principais retos ós que se enfronta a nosa sociedade é o a elevada cantidade de residuos que están a afogar o noso planeta, actualmente cada galego produce unha media a de 1,12 Kg de residuos ao día, dos cales en torno ó 42% está formado por materia orgánica.
Para intentar poñer freo a esta tendencia é moi importante repectar a regra dos tres R “Reducir, reusar e reciclar” para funcionar igual que a propia natureza. Esta regra dos tres erres é na que se basea a Economía Circular na súa busca dunha economía sostible, cun obxectivo: afastarse da tradicional economía lineal existente baseada en “producir, usar e tirar”.
Polo tanto debemos cambiar a filosofía de “usar e tirar” pola de “tirar e usar”. E aínda que se está a avanzar moito no ámbito da reciclaxe, queda moito por facer. En España reciclase o 38 % de todos os residuos municipais e temos que chegar ó 50 % no 2020 e ó 60 % en 2030. Resulta evidente que se trata dun obxectivo complicado; pero pequeno pasos como o que hoxe estamos a dar aquí axudan a mellorar.
A compostaxe é un claro exemplo de economía circular, transformando un residuo nun recurso de importancia, é dicir transformando os residuos orgánicos nun enriquecido compost que servirá como fertilizante para solos e plantas.
Por todo isto, no acto que tivo lugar hoxe animouse aos participantes no programa a levar adiante o súa particular contribución e para iso fíxoselles entrega, ademais do composteiro, un “Manual de compostaxe doméstica” , nos que se explica a técnica a seguir: dende a propia ubicación do compostador ata a relación de materiais que poden ou non ser depositados no mesmo, control de parámetros de gran importancia como o oxígeno, a temperatura e a humidade, e utilidades do abono obtido, que soe ter unha alta calidade, resultando apto para ser aplicado na agricultura con garantías e sen restriccións.
Por último, no acto explicouse aos participantes que dende Sogama exigen que se faga un seguimento destes composteiros, cando menos, durante un ano, polo que o departamento de medio ambiente leverá a cabo este seguimento contactando con vos ó longo desta primeira anualidade.