Os populares esixen ao Goberno local “medidas urxentes” para a reparación, ante o risco que supón para os seus usuarios, desta pasarela que empregan a diario moitas persoas: tanto veciños e veciñas que pasean pola zona disfrutando da nosa paisaxe coma os visitantes que se achegan a coñecer Ribadeo e, máis concretamente, a praia das Catedrais recoñecida como Monumento Natural pola Xunta de Galicia no 2005 e que, ademais, conta cun areal distinguido coa bandeira azul”.
Tendo en conta que “Ribadeo destaca polo sector servizos” e este se vincula ao turismo, para o Grupo Municipal Popular “esta deixadez” supón “unha falta de interese do Goberno local do BNG por dinamizar a economía local”. E, igualmente, condenan “a imaxe de abandono que proxectan estas deficiencias”.