Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia: “Cos nomeamentos de Jaime de Olano no organigrama do PP e da portavocía de Economía no Senado de Barreiro, Lugo gaña”

 Lugo, 30 de xullo, 2019. A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, subraia que “cos nomeamento de Jaime De Olano no organigrama do PP e da portavocía de Economía no Senado de Barreiro, Lugo gaña”. A dirixente dos populares na provincia amosa así a satisfacción por estas designacións e non dubida en que se traducirán “nun traballo sin descanso para defender con absoluto rigor aos lucenses dende a posición que ten o Partido nas institucións centrais”.

“Serán, indica, dous altavoces da nosa provincia, polo que estamos moi orgullos de que o novo secretario de Participación sexa un veciño da Mariña e o novo voceiro en asuntos económicos na Cámara Alta sexa o compañeiro Barreiro”. Para a popular, ademais da importancia que supón que os dous lucenses acaden ditas responsabilidades, a súa elección tamén “é acertada” porque “reúnen formación e cualificación, experiencia política e cultura de Partido”; de aí, afirma, que “a valoración como presidenta sexa dobremente positiva e satisfactoria”.

Exit mobile version