Site icon Crónica3.com A Mariña

Declaración do Concello de Mondoñedo en repulsa polo asasinato da veciña de Vilalba. As bandeiras ondean a media hasta e colocáronse crespóns negros nas do interior da Casa Consistorial

Mondoñedo, 22 de xullo, 2019. O Concello de Mondoñedo condena o asasinato dunha muller en Vilalba
Desde o Concello de Mondoñedo expresamos a nosa máis enérxica e contundente repulsa ao asasinato dunha muller en Vilalba a mans, presuntamente, do seu exmarido.
O Concello de Mondoñedo rexeita todos os tipos de violencia de xénero e pedímoslle á sociedade que contribúa á loita contra esta lacra que nos asola.
Queremos recordar a todas as persoas que sofren violencia de xénero ou coñecen casos que os organismos públicos ofrecen unha serie de servizos gratuítos onde informarse. Tanto no 016, teléfono de atención ás vítimas gratuíto e confidencial (non
deixa rastro na factura), coma no 900 400 273, Teléfono da Muller de Galicia, poderán ser atendidas todas as persoas que así o precisen. Ademais, no noso concello dispoñemos do Centro de Información ás Mulleres, onde as mulleres vítimas de violencia de xénero teñen, de xeito gratuíto, atención psicolóxica, xurídica
e social.

Exit mobile version