Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega defende “a calidade dos servizos que presta o Hospital da Mariña”

cof

A Mariña 11-7-19. 11, xullo, 2019. O deputado autonómico do PP, Daniel Vega, defende “a calidade dos servizos que presta o Hospital da Mariña” tamén durante a época estival. De feito, explica que “é falso que no verán se pechen camas no centro hospitalario da nosa comarca”.

Así responde o popular ás críticas aclarando que “por mor das obras de ampliación e renovación integral do Hospital da Mariña nas que o Sergas inviste máis de 14 millóns de euros, e non por ser verán, están inhabilitadas 12 camas”. Isto débese a que “o Sergas está a reformar e modernizar dúas plantas do antigo edificio”.

Estas obras correspóndense coa segunda fase de mellora do Hospital da Mariña impulsadas polo Goberno galego e que permitirán remodelar os espazos interiores do edificio antigo, a zona de hospitalización e das áreas cirúrxicas; ademais de reformar a área de diálise, do hospital de día médico e a área administrativa; modernizar as 30 habitacións actuais e a creación de novos locais de consultas externas e gabinetes de exploracións. Deste xeito, “os pacientes da nosa comarca contarán cun centro hospitalario máis moderno e con mellores servizos”, matiza.

Exit mobile version