Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG reforza as relacións internacionais apostando polo galeguismo global

 Compostela, 27 de xullo, 2019. A formación galeguista celebrou o Día da Patria cunha ofrenda no Panteón dos Galegos Ilustres ao que asistiron representantes do PNV, Partido Demócrata Europeo Catalán e PDR (Partido Demócrata Republicano de Portugal). Durante o acto o Secretario Xeral de Compromiso, Piñeiro Docampo, insistiu na “necesidade de reafirmar a aposta por un galeguislo de todos e todas que trascenda as propias fronteiras do País con alianzas fortes e duradeiras”.

Logo da ofrenda floral no Panteón os asistentes trasladáronse ao Parque de Euxenio Granell onde continuou o programa de actividades polo día de Galicia. CxG defende que nas próximas citas electorais se traballe nunha fronte de acción común para que Galicia siga existindo como Nación.

Os intervintes tamén insistiron na disposición das forzas que representan para facer que Compromiso Por Galicia represente “ese galeguismo solidario no social e responsable no económico tan necesario para a nosa terra”.

Exit mobile version