Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado do grupo socialista do Valadouro sobre o pacto de goberno

O Valadouro 3-7-19. Ante os ruxerruxes surdidos sobor do pacto de gobernó co BNG, queremos aclarar o seguinte:

Naide nos dá leccións de palabra. Mais ante a dúbida están os feitos, públicos e certificados como son as actas dos Plenos. O Psoe levou a Pleno íntegramente, o acordo firmado, facendo constar literalmente na acta “ Dando cumprimento na sua totalidade ao acordó de gobernó acadado co grupo político do BNG…….”. quedando por determinar as retribucións ata que o BNG tivese clara a sua situación laboral coas suas empresas, cousa que non foron capaces de aclarar ata o dia de oxe, dado que dende o primeiro momento aceptamos reparto con unha dedicación exclusiva e outra parcial, cada grupo.NUNCA NOS RETRACTAMOS NESTE PUNTO, queda claro que calquera variación sobre este asunto, averá que pactala.
Nese Pleno, o xoves pasado, o BNG aceptou as duas tenencias de Alcalde (requisito do pacto), indispensables para formar parte da Xunta de Goberno, da que formarían parte os dous ediles do BNG, ( 4 membros en total, requisito do pacto). Tumban a Xunta de Goberno. “PRIMEIRO INCUMPRIMENTO”,
Seguidamente aceptan as delegacións das concellerias que firmaron no pacto, e inmediatamente tumban as adicacións para poder atender esas concellerias. “SEGUNDO INCUMPRIMENTO”. Logo volven aceptar a representación das suas competencias nos órganos colexiados. “INCOMPRENSIBLE “. Esto está todo comtemplado na acta do Pleno. Eso son feitos. Papeles cantan.
Decir que en ningún momento dende a investidura, os ediles do BNG se fixeron cargo das suas concellerias, nin aclararon ainda con Nós a sua posición, ante o cal, e para atender as necesidades do Concello, vemonos obrigados a reorganizar as competencias.
A pesares de todo esto, seguimos tendendo a man o BNG e teñen as portas abertas para entrar no gobernó, pero primeiro que se aclaren entre eles mesmos e logo que presenten a sua proposta, eso sí, esta vez por escrito, e logo levamola a Pleno, que alí queda constancia. Así non hai ningún “dixome….dixome..”

Grupo municipal socialista de O Valadouro

Exit mobile version