Burela 11-7-19. Vai por diante que aplaudimos os tímidos proxectos do concello de posta en valor de esta formación xeolóxica singular. Pero como todo no PSOE, fica nunha aparición en prensa sen facer nada máis aló.
Xa fai máis dun ano CxG pediu publicamente que se solicitara á Xunta de Galicia un estudo sobre a seguridade do entorno, do mesmo xeito que se ten feito na veciña praia das Catedrais, obtendo a calada por resposta nun acto moi significativo de irresponsabilidade. A maiores de isto non entendemos como se quere potenciar un monumento natural sen sinalización algunha, non ten moito xeito que os visitantes non teñan indicativos. É por isto que CxG Burela, para a posta en valor da Igrexa de Coeda, solicita publicamente do Concello de Burela as seguintes actuacións:
1. Solicitude á Xunta de Galicia e a Costas da elaboración dun estudo sobre a seguridade da estrutura natural.
2. Colocación de indicativos nas diferentes rutas de acceso.
3. Colocación de paneis informativos, cando menos dous, para a explicación científica.
4. Uso da imaxe da Igrexa de Coeda como rechamo turístico e corporativo de Burela.
Dende CxG entendemos que as medidas de potenciación dun feito tan singular, teñen que ser máis amplas que a mera foto do concelleiro de turno, que está moi ben para o ego propio pero que non soluciona nada se non ten contido.
EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA