Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron os traballos para a eliminación dos vermes na Rúa Nicolás Cora Montenegro de Viveiro

Viveiro, 29 de xullo de 2019. No día de hoxe a empresa contratada polo concello para terminar coa praga de gusano detectada na rúa Nicolás Cora Montenegro estivo realizando labores de inspección visual de todas as edificacións e zonas afectadas para tratar de localizar a orixe da praga e determinar as zonas nas que se debe actuar. Posteriormente aplicaron o tratamento correspondente para a eliminación dos gusanos, actuando sobre todo nos posibles focos. Neste momento, é preciso esperar para ver o efecto e evolución deste tratamento e valorar os pasos a seguir.

Dende o concello continuase a buscar asesoramente con outras administracións competentes na materia por se fose preciso realizar algún outro tipo de control a maiores do aplicado pola empresa.

Exit mobile version