Foz, 31 de xullo, 2019. O próximo día catro de agosto a Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro vai estar nas calles de Foz, este ano estreando unha nova organización e representada por varias asociacións e grupos de veciños ademais dos voluntarios e colaboradores da asociación, que aportan o seu esforzo para manteren vivo o traballo iniciado fai cincuenta e nove anos por unhas veciñas e veciños que colocaron en Foz a primeira mesa da AECC.
Oxe sentímonos orgullosos de continuar aquel proxecto e axudar cos mesmos fins, actualizados no tempo, e ver que o esforzo de seguir sumando o apoio de todos lévanos a ver e vivir os cambios tanto en axudas e apoio psicolóxico, social e tamén como acompañamento para os enfermos de cancro de Foz e da Mariña.
Este ano ampliamos a colecta e aumentamos o número de voluntarios e colaboradores, porque tamén vamos aumentar o número de mesas en diferentes días sinalados do noso concello. Ademais das dez mesas que sempre colocamos en Foz sumaremos as dúas parroquias mais poboadas de Foz Vilaronte o día dezasete de agosto e Cangas o día dezaoito.
Ainda temos moito que facer parra seguir os pasos da Asociación Española Contra o Cancro consiga atender a todas as persoas afectadas polo cancro, axudalas, acompañalas e cubrir calquera necesidade que poidan ter. Por iso, queremos dar as gracias a eses mais de cen veciños e veciñas que se suman en Foz contra o cancro nos tres días de colecta e pedir a colaboración de todos porque nada sería posible sen a súa solidariedade.