Unha das accións máis demandadas e con carácter urxente por veciños e comerciantes era o cambio de sentido na circulación da rúa Álvaro Cunqueiro.
O equipo de goberno reuníuse na tarde do pasado venres para informar e tomar nota das opinións de policía local, ACIA, asociación de veciños e autoescolas, facendo partícipes das decisions á veciñanza e aos colectivos que poderían estar máis afectados.
Pois ben, o novo executivo municipal recolleu a luva e xa comezou os traballos para volver a circulación rodada ao seu sentido histórico, Avenida da Mariña dirección Burela e Álvaro Cunqueiro dirección Ribadeo.
Esta actuación evitará os graves atascos de tráfico que se produciron o pasado verán na Costa do Castro, ademáis dos riscos de seguridade que provoca a circulación pola Rúa do Pilar que conta con problemas estructurais.
A nova configuración circulatoria terá luz verde o próximo xoves día 4 de xullo.
As sinais de identidade do novo Goberno de Foz son o aperturismo, a axilidade e o traballo arreo e esperamos así facelo sentir a todos os veciños e veciñas do noso municipio