Burela 5-7-19. A capitá Bea Mateos e o Pescados Rubén Burela FS tamén formalizaron o seu acordo para a renovación da salmantina en 2019-20, coa que cumprirá sete tempadas de laranxa. Segue tomando peso e forza o novo proxecto, apostando polo mantemento do bloque das campioas de I Copa de SM A Raíña (Burela, 2019). Coa 14 burelista, xa son 5 as Guerreiras que continúan, con Peque, Dany, Ana Romero e Cilene, ademais da incorporación de Ale de Paz, dende o Poio Pescamar FSF.
Non foi unha tempada doada para Bea Mateos, pero a ala-peche soubo medrar ante as adversidades. Despois da grave lesión de xeonllo sufrida na final da Copa de España Cádiz 2018, a burelista afanouse na súa recuperación para voltar ás pistas en xaneiro e ir recuperando minutos e presenza no equipo ata chegar ao final da liga e da copa en óptimas condicións.