A día de hoxe teñen rexistradas 160 parellas, unha cifra que supera as expectativas existentes e que probablemente aumente ao final do servizo, cando se revisen a totalidade dos datos recollidos.
Despois de realizar unha primeira e segunda visita, a empresa contratada para este servizo retirou un total de 295 niños, 510 ovos e 138 polos; neste momento, o servizo está realizando a segunda vista os tellados xa revisados e, en breve, comezarán coa terceira visita de seguimento.