Os participantes visitaron unha peixería para coñecer e recoñecer os peixes. Posteriormente participaron a pé de praia nunha actividade sobre a identificación, características e clasificación das especies a través dunhas fichas onde tiveron que relacionar debuxos de peixes co seu nome e clasificalos entre peixe branco ou peixe azul. Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “a través desta actividade preténdese valorar a importancia do medio natural e da súa calidade para a vida humana e tomar conciencia da importancia de manter a auga limpa de contaminantes”.