A sesión constou de dúas partes, por un lado a teórica cunha explicación do que se debe depositar no colector xenérico: restos orgánicos, pañais, papel e cartón con restos de comida, espellos, bolígrafos, xoguetes de plástico, perchas, cepillos de dentes, etc. E na parte práctica fíxose a simulación dunha actividade “como si da nosa bolsa negra se tratara e os nenos clasificaron o lixo depositandoo no colector correspondente e na bolsa negra. A través destas actividades preténdese promover e fomentar a cultura da reciclaxe entre os máis pequenos”·, segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente de Burela.
As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, que dirixe Noelia Mª Ben, realizaron este venres, na praia de O Portelo unha actividade titulada A bolsa negra por dentro
As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, que dirixe Noelia Mª Ben, realizaron este venres, na praia de O Portelo unha actividade titulada A bolsa negra por dentro
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros