Site icon Crónica3.com A Mariña

Apertura de praias e servizos de socorrismo en Foz

Foz, 3 de xullo de 2019.- Con motivo da chegada do verán e a tempada de baños o novo Goberno de Foz apostou por aumentar o servizo de socorrismo nas praias do municipio elevando a cinco os areais que contarán con vixilancia: Rapadoira, Llas, Peizás, Polas e Areoura.

Un servizo que comezou este luns día 1 de Xullo de 12:00 a 19:00 h, ampliándose unha hora máis as fins de semana (de 12:00 horas a 20:00 horas).

Apostamos por cubrir unha praia máis con servizo de socorrismo e renunciar este ano ao izado de bandeiras azuis. Lamentamos non contar con máis socorristas ao non dispoñer da subvención que outorga a Xunta de Galicia polo incomprensible deixamento do anterior equipo de goberno municipal.

Desde o novo Goberno de Foz queremos enviar unha mensaxe de concienciación e civismo a todos os usuarios e bañistas, que empreguen as instalacións de forma idónea, que extremen as precaucións á hora do baño e que sempre fagan caso das bandeiras e das indicacións do persoal de salvamento, pola súa seguridade e pola do servizo de socorrismo.

Exit mobile version