Site icon Crónica3.com A Mariña

Ampliación do horario en verán no Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro vén de tramitar o expediente necesario ante a Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para obter a autorización de ampliación do horario de peche dos establecementos públicos do Concello de Viveiro, nunha hora sobre o horario habitual legalmente establecido, para as noites dos venres e sábados dos meses de xullo e agosto, por tratarse dun periodo no que hai maior afluencia de persoas e pola celebración de diferentes eventos e festividades.

Exit mobile version