Nesta primeira edición, organizada pola asociación Deportiva e Cultural EntreNos coa colaboración do Concello de Cervo, participaron corenta mozos e mozas de entre 10 e 16 anos, que tiveron a oportunidade de achegarse ou profundizar no mundo do volei, pero tamén desfrutaron de diferentes actividades complementarias como paddle surf, xornadas na piscina olímpica e diferentes visitas culturais, como a que tivo lugar no día de hoxe ao Museo do Mar de San Ciprián, onde se fixeron a foto de familia. o sábado en horario de 11:30 a 13:30 horas, terá lugar a actividade de clausura e a entrega de diferentes premios, no Pavillón da Veiga.