Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades de verán do Concello de Cervo

A semana comezou cun circuíto de educación viaria concibido para que as crianzas tomen conciencia da importancia de respectar as normas de tráfico adquirindo os hábitos adecuados relacionados coa seguridade viaria, para que así participen do tránsito dun xeito activo e máis responsable; ao tempo que pasan un anaco divertido entre amigos”; tal e como precisou a edil de Educación, Dolores García Caramés. O circuíto repítese este martes; xogos tradicionais, un taller de repostería e unha xordada de coidado do medio rural, na que se integrará un roteiro a Sargadelos, completarán a semana lúdico-didáctica.

Exit mobile version