Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta impulsa a dinamización da lectura a través de axudas a 10 concellos da Mariña

 Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2019.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas a entidades locais para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias de lectura de titularidade municipal das que se beneficiarán un total de 154 localidades.

Cun orzamento de preto de 200.000 euros, estas subvencións están destinadas á realización de actividades de animación á lectura no marco do programa Ler conta moito, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal.

Para optar a estas axudas, as bibliotecas ou axencias de lectura deben estar adheridas a este programa mediante o cal poñen a disposición dos profesionais dinamizadores as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento efectivo de cada actividade contratada, organizar puntualmente cada función e colaborar nas accións complementarias ás actividades para o seu maior aproveitamento por parte dos usuarios.

O importe concedido a cada concello, superior a 1000 euros para cada unha das 190 bibliotecas ou axencia beneficiarias, deberase empregar para financiar o 75% do custo de cada unha das actividades e deberase financiar con fondos propios o 25% restante.

As actividades incluídas nesta iniciativa son moi diversas, desde obradoiros creativos, narración oral, divulgación do coñecemento, audiovisual na biblioteca ou actividades de dinamización con música, teatro e danza, entre outros. Todas estas iniciativas están dirixidas a públicos específicos, como bebés de 0 a 3 anos, mozos e adultos e desenvolveranse ata o 27 de outubro de 2019.

Na Mariña

Alfoz Biblioteca Pública Municipal de Alfoz 1.026,31 €
Burela Biblioteca Pública Municipal de Burela 1.026,31 €
Cervo Biblioteca Pública Municipal San Cibrao 1.026,31 €
Lourenzá Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou 1.026,31 €
Ourol Biblioteca Pública Municipal de Ourol 1.026,31 €
Ribadeo Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho 1.026,31 €
O Valadouro Biblioteca Pública Municipal do Valadouro 1.026,31 €
O Vicedo Biblioteca Pública Municipal do Vicedo 1.026,31 €
Viveiro Biblioteca Pública Municipal de Viveiro 1.026,31 €
Xove Biblioteca Pública Municipal de Xove 1.026,31 €
10 concellos: 10.263,10 €

Exit mobile version