Como explicou, trátase dunha iniciativa que contribuirá a reforzar a oferta turística da Mariña lucense, que se está a consolidar como un dos destinos que máis medran en Galicia. Este novo espazo de lecer está situado nun espazo próximo á área recreativa de San Roque e naceu froito da colaboración dunha empresa local de actividades deportivas e de multiaventura e a comunidade de montes de San Roque. Foi un dos proxectos beneficiarios da liña de axudas do programa Galicia Rural Emprende, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que achegou 65.000 euros.
Como explicou Nava Castro, o novo parque promoverá un turismo familiar e de aventuras, un segmento “moi interesante” que tamén ten en conta a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que recolle de xeito transversal a importancia de ofrecer unha actividade turística que garanta a excelencia da atención aos viaxeiros e que axude a medrar a través da especialización e da adaptación aos novos mercados.