Cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. A exposición fotográfica única na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña Ortegale organizada por Maresmasma, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante poderá así coñecer o arte dos oficios mariñeiros e as diferentes formas de vida ligadas ao mar. A importancia dos recursos do noso mar e os incribles habitantes do mesmo.
Ademais, a exposición A Mariña Somerxida pretende ser un referente para a concienciación e divulgación mariña. Xa que para poder conservar o patrimonio natural e as especies únicas que temos nas nosas auga, primeiro é necesario conocer que vive somerxido na Mariña.