A mostra poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 26 de xullo. A exposición está composta por 20 pezas, escollidas entre máis de 600 cadros, coa que o autor agarda que os visitantes ‘disfruten véndoa e gocen dela tanto como el o fixo mentres creaba’.
Durante o mes de xullo o horario de apertura do Castelo do Castrodouro é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Sobre o autor
Nacín en Ourol o 8 de Abril de 1967.
A arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez. En 8º de EXB, gaño un premio de postais de Nadal no Concello de Ourol e outro de carteis do Día das Letras Galegas.
En 2º de BUP pinto os bastidores dunha obra de teatro. E en COU pinto o mural das salas de audicións do Centro de Ensinanzas Integradas de A Coruña.
No ano 1987 trasládome a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguín Matrícula de Honra no primeiro curso de Universidade. A finais do segundo curso, unha enfermidade mental impediume seguir pintando ata o ano 2005 que retomo a pintura. Esta vez moito máis en serio e fago varias exposicións con moito éxito.
Dende que pertenzo á Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, levo participado tamén en moitos certames de pintura e exposto unha gran cantidade de veces, en lugares como: Casa da Cultura de Cervo ata 2 veces, Casa da Cultura de Burela, Bar Caseto de Copa de Cervo, Restaurante O Almacén, Restaurante Rio de Oro…. Tapería A Avoa en Santiago de Compostela…,Casa da Cultura do Concello do Valadouro, e a participación nun proxecto artístico denominado “Disorders”así como no Concello de Foz no CENIMA. Esta é a primeira vez que expoño no Concello de Alfoz, no Castelo do Castrodouro un lugar fermoso e cheo de historia o cal teño que agradecerlles moito que me deixen ensinar a miña obra e labor.