Vidal Baamonde remarcou que “un dos obxectivos do ciclo Experimenta é dinamizar a relación entre as persoas a través do encontro entre as diferentes artes impulsando a participación social. Polo tanto, serán tres xornadas na capital da provincia totalmente novidosas e impáctante para todos os visitantes”.
“A programación comeza o día 24 de xullo a partir das 20:30 horas con Púlsar, que inclúe unha performance na Sala de exposicións da Deputación que dirixen Javier Martin e Luis Casanova. O día 25 de xullo haberá un espectáculo de música electrónica e audiovisuais da man de San Jerónimo que son María Mieres e Nacho Iglesias. E o dia 26, nos xardíns da Deputación, pecha o ciclo Elle Belga (Slowcore)”, sinalou.
O Deputado convidou “a todos os lucenses e visitantes a achegarse ao Pazo de San Marcos nestas datas e desfrutar das últimas propostas do panorama cultural, a través dun programa que enlaza a música con outras disciplinas artísticas coa intención de achegalas ao publico, utilizando espazos emblemáticos e históricos como neste caso o Pazo de San Marcos”.
Programación
A sala de Exposicións e os Xardíns do Pazo de San Marcos serán o escenario desta novidosa proposta cultural que se celebrará os dias 24, 25 e 26 de xullo na capital da provincia. Esta iniciativa nace a través do grupo lucense Tele-Clube, unha asociación que pretende revitalizar os barrios e zonas periféricas a través de actuacións musicais e outras actividades culturais. A programación é a seguinte;
24 de xullo (música e danza)
A partir das 20:30 horas comeza o ciclo con Púlsar, que inclúe unha performance na Sala de exposicións da Deputación que dirixen Javier Martin e Luis Casanova. Javier Martín, coreógrafo e investigador, e Luís Casanova, percusionista de grupos como GUERREIRA ou holywater, darán vida a unha performance con PÚLSAR, unha improvisación a nivel de música e movemento.
25 de xullo (música electrónica e audiovisuais)
Espectáculo de música electrónica e audiovisuais da man de San Jerónimo que son María Mieres e Nacho Iglesias. El Sur é o recente disco desta banda e conta cunha das coleccións de cancións máis emocionantes e reais que escoitamos en moito tempo.
26 de xullo (murmurio, guitarras acústicas e percusión)
Os Xardíns da Deputación acollen a actuación de Elle Belga (Slowcore), do que forman parte Fany Álvarez e José Luis García. O seu ultimo proxecto é Refuxio, feito a base rítmica e a melodía, que segue sendo o alicerce da composición. A través de sons inquietantes e letras dunha serenidade conmovedora, penétranse nun repouso ficticio e bastante perturbador.