Cómpre lembrar que coa execución destes traballos, que se adxudican a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia de Lugo, o Goberno Provincial cumpre cun obxectivo de poñer a punto para o verán as nosas estradas, que forman a rede provincial máis extensa de España, con 4.300 quilómetros. Son traballos moi necesarios porque grazas a estes traballos mellórase a seguridade dos condutores que circulan polas estradas, ao facilitar a visibilidade na rede viaria e reducir o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, ao tempo que se xeran e manteñen postos traballo do que se benefician moitos autónomos e pequenos empresarios da provincia.
Nas vindeiras semanas, iranse adxudicando o resto de municipios co fin de poder iniciar os traballos de xeito inminente, pois son actuacións moi necesarias tanto para a seguridade dos condutores como para previr incendios.