Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de deportes salienta a alta participación no memorial de tenis José Luis Yebra

 Burela, 29 de xullo de 2019. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, salientou a alta participación rexistrada no Memorial de Tenis José Luis Yebra, que rematou onte coa entrega de trofeos aos gañadores.
O edil burelés dixo que “un ano máis se volveu celebrar o Memorial José Luis Yebra de Tenis Torneo Concello de Burela e estamos encantados tanto coa participación como co nivel dos participantes. Foi un torneo no que houbo moita calidade nos xogadores e desde o Concello estamos encantados de apoiar este tipo de iniciativas. Foi a quinta edición e esperamos que o ano que ven poida ser a sexta dun torneo que xa está máis que consolidado no calendario tenístico da zona”.
Fernández Rey tivo palabras de agradecemento para a organización “neste caso ao Club de Tenis Burela, polo magnífico traballo feito e dicir que poden seguir contando con nosoutros de cara a novas edicións porque seguiremos apostando por este torneo”.
O concelleiro de Deportes destacou “sobre todo a participación e tamén que houbo moita xente que estaba veraneando pola zona e que se animou a acudir a este evento. A final foi de moito nivel, entre Rubén e Veiga. Despois tivemos a entrega de trofeos. O Concello estivo colaborando con este torneo e imos seguir participando en todo este tipo de eventos, xa que entendemos que é bo para o deporte de Burela e para traer xente de fora a participar nestes torneos, e disfrutar destas marabillosas instalacións deportivas que estamos conseguindo”.
Na categoría Sub 15 a campioa foi Valentina Blanco; na categoría de 16-17 anos o gañador foi Alejandro Tripiana; en dobres os vencedores foron Chus e Rubén; o trofeo de consolación absoluto foi para Alejandro Tripiana; e como campión individual absoluto proclamouse Rubén Blanco.
No acto de entrega de premios polo Concello participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.

Exit mobile version