Site icon Crónica3.com A Mariña

A bandeira azul ondea desde este luns na praia do Torno, en San Cibrao

smacap_Bright

Cervo, 1 de xullo de 2019.- A bandeira azul ondea desde este luns na praia do Torno, en San Cibrao.
A insignia foi izada nun acto no que participou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez e o concelleiro de Turismo David Rodríguez.
Ademais, dende hoxe esta praia tamén loce a bandeira Ecoplayas, distintivo outorgado pola boa xestión ambiental, por cuarto ano consecutivo; ademais da bandeira de praia sen fume, á que este ano tamén se suma a praia de Cubelas.
O “Sendero Azul” do Torno tamén contará con este recoñecemento, por cuarto ano consecutivo. Un carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde tamén para o noso Concello”.
O rexedor sinalou que “aínda que O Torno é a praia que ten bandeira azul, todos os areais do Concello contan cuns servizos axeitados a disposición dos usuarios, e cunha calidade óptima para o baño”; e animou a veciños e a visitantes “a que desfruten do verán e dos recursos naturais e infraestruturas que ofrece o noso municipio”.

Exit mobile version