Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Burgo de Trasbar peregrinou ata o Santiago de Sargadelos

 Trasbar, 25 de xullo de 2019. Este día 25, día de Galicia, veciños de Trasbar partiron ás 10.00 h do local social do dito barrio para facer a ruta a pé ata o Santiago de Sargadelos. Foron preto dunha trintena os peregrinos que se votaron a andar, aos que máis tarde na hora do xantar, se uniu o resto do grupo chegado en coche.

Os camiñantes logo de percorrer o tramo final do seu camiño polo Camiño Real de Cervo a Sargadelos, chegaron ao seu destino onde se lles fixo entrega da súa concha de peregrino. Despois e pese á choiva que os acompañou durante a xornada puideron disfrutar dun xantar todos xuntos nas inmediacións da antiga fábrica, para logo de rematar volver camiñando ata Trasbar.

A Xunta Directiva está moi contenta coa boa acollida desta actividade, xa un clásico entre as actividades que organiza o colectivo ao longo de todo o ano. Nesta ocasión ademáis quere darlle as grazas de forma especial ao grupo de cazadores que cederon as súas instalacións para que os camiñantes puideran disfrutar da xornada pese ás inclemencias metereolóxicas deste día.

Exit mobile version