Site icon Crónica3.com A Mariña

A Alcaldesa de Barreiros e o concelleiro de medio ambiente reunironse este luns coa directora de Augas de Galicia

Barreiros, 16 de xullo de 2019. Este luns a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira, mantiveron unha reunión coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, para mostrarlle a situación actual das depuradoras de Barreiros e tratar de buscar solucións para corrixir os problemas das augas residuais sen depurar que cada verán se están a sufrir en Barreiros.
Segundo conta a rexedora, “Un dos problemas que se tratou é o do emisario da depuradora de San Bartolo, o cal leva roto varios anos, e que Teresa Gutiérrez se compromete a revisar”. Tamén se abordou a situación da depuradora de San Miguel, “da cal existe un proxecto redactado cun custo de 3,3 millóns de euros pero sen financiamento. Neste punto a Directora de Augas de Galicia emprázanos a buscar financiación directamente coa Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto.”
A mandataria barreirense non quixo esquecerse das zonas do interior do municipio, as cales non contan con ningunha rede de saneamento, para interesarse por un proxecto piloto que está a desenrolar Augas de Galicia xunto coa Universidade da Coruña sobre balsas verdes. “Creemos que este proxecto encaixaría moi ben dentro de Barreiros, polo que nos ofrecemos como Concello de proba para que realicen os estudos pertinentes e así dotar as zonas do interior de sistemas de depuración.”

Exit mobile version