Burela 5-7-19. Antón Mazaira López, Teresa Crego Deán, Angel Cayón Fernández e María Basanta Rañón, foron os 4 alumnos de 2º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela que superaron a media dun nove nas probas de acceso á universidade deste ano. Os futuros universitarios recolleron nun acto celebrado en Santiago o pasado 4 de xullo o diploma acreditativo do froito do seu esforzo nos estudos.
Mediante este acto de recoñecemento a Universidade de Santiago felicitou aqueles estudantes galegos que acadaron a puntuación de 9 ou máis entre o Bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).
Entre os 719 estudantes pertencentes a 212 centros de toda Galicia (258 rapaces e 461 rapazas), 4 son do IES Perdouro de Burela!
O director do centro, Santiago Pérez, comprácese deste recoñecemento ao que se suma toda a comunidade educativa e atribuíu este éxito o esforzo do alumnado ao longo destes últimos dous anos e do bo facer do profesorado do centro.