Viveiro, 31 de xullo de 2019. A 2ª Edición Da Feira Da Cervexa Artesá De Viveiro, “BEER-VEIRO Fest”, terá lugar os días 1, 2, 3 e 4 de agosto de 2019 nos Xardíns Noriega Varela e nela poderanse degustar uns 70 tipos de cervexas artesás diferentes o longo dos seus catro días de duración; asistirán cervexeiros artesáns procedentes de diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra, como son : CERVEXA BUBELA (Lugo), CERVEXA XISTRAL (Viveiro), CERVEXA SKYNET (Ourense), CERVEXA A COVA DA SERPE (Lugo), CERVEXA BELECKER (Ponferrada), CERVEXA ALOUMIÑA (Lugo), CERVEXA THE ONE BEER (Madrid/ Sanxenxo), CERVEXA CASTREÑA (León), CERVEXA MISTERIO BREWING (Viveiro), CERVEXA LA FERROLANA (Ferrol), CERVEXA NASA (Ponferrada) e CERVEXA DOMENICUS (Lugo). A ASOCIACÍÓN GALEGA DE CERVEXEIROS ARTESÁNS é a encargada de realizar este evento, co que pretende dar a coñecer un produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura desta bebida.
Nesta segunda edición da BEER-VEIRO FEST habilitaranse stands nos Xardíns Noriega Varela para poder degustar as diferentes variedades de cervexa artesá . A entrada á feira é totalmente gratuíta, pero para consumir haberá que mercar o vaso conmemorativo da feira, no que se servirán as cervexas. Os visitantes que queiran acceder pero non consumir poden facelo, ao ser libre o acceso; o vaso da feira actúa como pasaporte para visitar os diferentes stands. O BEER-VEIRO FEST é un festival de carácter familiar, que ten como obxectivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros para os cativos, concursos, etc., creando así un espazo cultural diferente, no que tamén se creará un espazo de xogos populares de madeira para os máis pequenos (a rá, pica peixe, a chave, aros…) e se ofrecerán talleres infantís.
O programa concreto da feira é o seguinte:
Xoves, 1 de agosto
18:00- Inauguración do festival
18:30- Apertura da zona de xogos populares
22:00- Concerto do grupo SKINTIGHT
00:00- Peche do festival
Venres, 2 de agosto
12:00- Apertura do festival
12:30-Apertura da zona de xogos populares
20:45- Concerto a cargo do grupo de música FAR AWAY PLACE
00:30- Peche do festival
Sábado, 3 de agosto
12:00- Apertura do festival
12:30- Apertura da zona de xogos populares
19:00- Obradoiro para nenos/as de elaboración de batidos a cargo de EUREKA KIDS
23:30- Concerto a cargo do grupo de música PUNTA NORTE
00:30- Peche do festival
Domingo, 4 de agosto
12:00- Apertura do festival
12:30- Apertura da zona de xogos populares
13:00- Sesión BEER-MU Dj Popy García (Tropical Boyz)
19:00- Obradoiro para nenos/as de cociña a cargo de EUREKA RESUKIDS
21:30-Concerto a cargo do grupo de música CROONER 432
22:30- Concurso da mellor etiqueta do festiva
22:35- Concurso da mellor cervexa do festival
22:40- Concurso do mellor foodtruck do festival
23:00- Entrega de premios aos cervexeiros
23:00- Clausura do festival
Tendo en conta que a BEER-VEIRO FEST coincide coa celebración da Mostra Folklórica Internacional, realizouse a programación prevendo que non se solapen os concertos nin os eventos.