Da man de Ezequiel Duarte Kely escoitaron a historia deste boniteiro e a da vida da súa tripulación a bordo. A expedición puido ver a cociña, o comedor, a sala de máquinas, os camarotes, a ponte de mando, etc…, coñeceron cómo se capturan o bonito e outras especies. Os xornalistas gozaron da conversa con Kely, a quen estarían dispostos a seguir escoitando durante horas e a quen lle agradecen o tempo que lles dedicou na tarde do pasado sábado. Tamén percorreron o paseo marítimo ata A Marosa e o que une as praias focenses de Llas e A Rapadoira ademais do castro de Fazouro.
O grupo, composto por Carles Lamelo, Víctor Herranz, Angel Martínez Bermejo, Enrique Domínguez Uceta, Ignacio Capeáns e Esther Eiros, tamén tivo a oportunidade de saborear a gastronomía da zona. Pescada, bonito ou polbo foron algúns dos pratos que puideron degustar a pasada fin de semana.