Site icon Crónica3.com A Mariña

Volta con podium de Xoel Docal

O palista focense, residente en Barcelona que compite co Club Fluvial de Lugo acadou o terceiro posto no pódium do Memorial Carlos Fornos de embarcacións K4/C4, cun percorrido de 8000 m, na primeira competición despois da Copa do Mundo de Maratón en Noruega. Os outros integrantes da embarcación foron Jose Ramon Estevez, Diego Vazquez Solla e Oscar Pawel Ryfa. O resultado acadado non entraba nas expectativas para esta regata, xa que non puideran case adestrar xuntos, polo que este resultado supuxo una agradable sorpresa para o equipo.

Exit mobile version