O pasado xoves o alumnado do Curso de Econoloxía da Uned Senior viaxou ata á Ulloa. Fíxoo para coñecer dous proxectos referentes dentro da Ecoloxía. Visitaron a Cooperativa de mulleres Milhulloa especializada na deshidratación de herbas medicinais, aínda que o produto que as fixo máis populares foi o grelo deshidratado. Posteriormente achegáronse a Arqueixal, onde ademáis de coñecer e degustar os produtos derivados do leite que se producen nesta queixería, tamén coñeceron e aprenderon a súa labor dentro do ecoturismo e dun xeito de vida máis sustentable. A viaxe foi apoiada polo Concello de Viveiro que facilitou o transporte en bus ata a comarca.